Vostede está aquí

23 de abril Día do libro

Co gallo do Día do Libro, o 23 de abril,

Co gallo do Día do Libro, o 23 de abril, a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros quere convidar a veciñanza a realizar unha viaxe ao redor do mundo da man de autoras e autores universais que abordan os principais temas que lle preocupan á humanidade: o amor, a dor, a amizade, a guerra, a liberdade ou a familia.

Os libros son unha potente ferramenta de transformación social. Grazas a eles formámonos e informámonos, viaxamos por todo o mundo e coñecemos novas tradicións e culturas que nos fan soñar cun futuro máis enriquecedor e diverso.

Con cada lectura, ampliamos os nosos propios límites e cultivamos a empatía por novas realidades, inquedanzas e inxustizas.