Vostede está aquí

“Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá”

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 - Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá: Sábado 9 de marzo ás 12 horas no Fórum Metropolitano

De cara á celebración, o vindeiro 26 de maio, das eleccións municipais a Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros convocou aos distintos partidos políticos da cidade á celebración dun Ciclo de Conversas para debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.

A primeira destas CONVERSAS vaise celebrar o vindeiro sábado 9 de marzo ás 12 do mediodía no Fórum Metropolitano e contará coa participación de candidatos/as dos distintos partidos políticos que se presentan na Coruña.

O tema sobre o que debater é a recuperación de espazos urbanos para uso cidadá que no noso barrio concretase en espazos coma o Corralón, a rúa Pose, os solares abandonados en San Diego e Juan Montes, na zona entrevías, o edificio modernista da Avenida Oza, a capela de Oza, etc...

A Conversa estará moderada polo membro da AA. VV. e xornalista Pepe Lorenzo.

As outras dúas conversas previstas celebraranse os días 6 de abril e 4 de maio. Nelas plantexaremos o debate sobre: Mar de Oza. Futuro da franxa litoral: de San Diego a As Xubias. Mobilidade e transporte e As drogas no barrio, unha vella e coñecida problemática

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.