Vostede está aquí

‘Fóra’: o documental da loita contra ENCE

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: ‘Fóra’, o documental da loita contra ENCE o luns 4 de febreiro as 19:30

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: ‘Fóra’, o documental da loita contra ENCE o luns 4 de febreiro as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Documental no que se conta a história da loita contra a papeleira Ence na ría de Pontevedra

Guionizado e dirixido por Rodrigo Cota, 'Fóra' é un proxecto audiovisual que pretende recompilar a historia da oposición ao complexo das factorías de Ence e Elnosa na súa actual localización.

O documental dá voz aos principais protagonistas da oposición a Ence desde as súas orixes ata hoxe. Ofrece decenas de documentos inéditos e o testemuño de moitas persoas que participaron na loita contra as factorías.

Entre o contido documental atópase numeroso material sobre o impacto negativo que a posta en marcha de Ence supuxo para o sector turístico dende o primeiro momento, un sector entón puxante e en pleno auxe.Tamén da conta de documentos e testemuños sobre as protestas, a partires de principios da década de 1960, das queixas e protestas dos colectivos dos sectores pesqueiros, conserveiros, marisqueiros e bateeiros.

Recupéranse algunhas historias esquecidas ou pouco coñecidas con soporte de imaxes, moitas delas inéditas.Fóra ofrece o testemuño dos protagonistas da oposición a Ence desde todos os ámbitos: político, institucional, xudicial, asociativo ou cultural, así como de representantes de colectivos e persoas que desenvolveron iniciativas de tipo persoal.