Vostede está aquí

Xaneiro 2022

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : A febre do wolfram.
 

Durante a Segunda Guerra Mundial o wolframio revolucionou totalmente a vida dos galegos. O comercio deste mineral con Alemaña converteuno na única fonte de ingresos de moitas familias humildes. Os tanques que invadiron Francia e os avións que bombardearon Inglaterra foron construídos con wolframio galego. Ante isto, os aliados infiltraron axentes en Galicia.

57 min. Produtora(s):  Roberto Castro Guión:  Roberto Castro, Itziar Mozo Fotografía:  Pablo Anllo, F.J. Fernández Lois

No Forum Metropolitano, o día 17 de xaneiro   de 2022 ás 19:30.

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  apoia sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio a  manifestación convocada para o diá 20 con saida ás 19h do Centro de Saúde da Casa do Mar  que se pretenden mellorar sanidade pública de Galicia".

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental :  BLOOD COLTAN
 

BLOOD COLTAN

  • Produce: Patrick Forestier.
  • Ano: 2007
  • Duración: 54 minutos.
  • Sinopse: O coltán, ata fai pouco un material prácticamente descoñecido, convertíuse no novo ouro negro do continente africano. Crucial para a fabricación de novas tecnoloxías como telefonía móbil, portátiles e outros dispositivos electrónicos, atópase en importantes cantidades na zona este da República Democrática do Congo e a crecente demanda por parte de Occidente está propiciando matanzas na rexión. Baixo a vixiancia das milicias rebeldes, incluso os nenos extraen este material de forma perigosa nas mina
 

No Forum Metropolitano, o día 7 de febreiro   de 2022 ás 19:30.

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

21 de febreiro as 19 .00 na Biblioteca  do Forum Metropolitano  a a presentación do libro,  OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA .

Autor :Manuel Monge
 
Editorial: Edicións Lailovento  ISBN: 978-84-8487-473-7
 
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.