Vostede está aquí

Novembro 2021

A parroquia de Santa María de Oza —orixe do barrio dos Castros e Gaiteira— era un espazo eminentemente agrario e pesqueiro ata a súa integración no municipio da Coruña. Esta lonxanía dos centros de decisión política e comercial alonxouno tamén dos focos do rexistro histórico polo que dende a Asociación Veciñal queremos colaborar coa creación dese relato histórico.
 
  Defendendo  o noso é un proxecto da Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros  . A súa realización vai  ser posible posible grazas á colaboración da veciñanza e  o apoio,  da Concellería de Participación  .
Dentro do proxecto vamos realizar unhas conversas  o dia 29  no Forum Metropolitano as 19 horas baixo a denominación Conversas defendendo o noso patrimonio cultural  .
A Conversa estará moderada polo membro da AA. VV. e xornalista Pepe Lorenzo.
Ponentes : Anton Luaces , Xosé Alfeirán e Xulio Ferreiro
Debido a que este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

O barrio e as especies invasoras

Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros. Organiza o próximo xoves 2 de Decembro ás 18:00h. Temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano o obradoiro. O barrio e as especies invasoras, impartido por Manu Sáncheze Jose Angel Paz.

Neste obradoiro dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, percorreremos a historia da formación do barrio e os seus cambios, atendendo á natureza e ás especies de plantas e bechos que invaden o noso entorno.

Require inscrición

Inscricións: na paxina web da Biblioteca do Forum Metropolitano

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal  e un Feliz Ano 2022