Vostede está aquí

Decembro 2020

O día 9 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na Asociación de Veciños Oza,
Gaiteira e os Castros ,  rúa da Merced , 56 baixo  a presentación de "Pangalaica. Recortes
poderosos", de Xurxo Souto.

Presentará o acto Luis Dopico e Eduardo Freire

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: QUEIMAR O MONTE

No Forum Metropolitano o día 14 de decembro  as 19 : 30.

Ca nova normativa do DOG , o aforo das salas de cine pasou de 30 butacas en cada sala a 13 na sala Marilyn e 11 na Fernando Rey: 24 en total.

Polo que as entradas para o documnetal do dia 14  Estan agotadas

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros se suma a concentración que se vai celebrar o vindeiro sábado, día 12, ás 12:30, diante da Subdelegación do Goberno, para evitar a venda e privatización da fachada marítima.

Dende hai tempo a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros tratamos de botar unha man para mellorar o pequeno comercio do barrio, somos conscientes do peso deste sector dentro da economía e da súa importancia para a mellora da calidade de vida no barrio, e vemos con enorme preocupación as grandes dificultades polas que están a pasar.

O mercores 13 de de xaneiro de 2021 de   as 19 : 30. no Forum Metropolitano  temos unha conferencia Audiovisual de Rosario  Sarmiento sobre  “Arte da guerra, a guerra na arte. A guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia”