Vostede está aquí

Febreiro 2020

A Asociación Veciñal  Oza Gaiteira Os Castros , presentou esta semana no rexistro do Concello cinco reclamacións ao orzamento municipal para o ano 2020.

Nestas alegacións a Asociación Veciñal  solicitamos  un maior investimento é para o Bairro que consideramos insuficiente .

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar  no Forum Metropolitano o luns 2 de marzo a partir das 19:30. horas, o documental Bullfight  de Iago Prado sobre as corridas de touros.
 
A entrada para ver o documental é libre ata completar aforo .

O luns 17  de febreiro ás 19:00 horas terá lugar na Biblioteca do Forum Metropolitano a charla "Dereitos sanitarios ao final da vida e Testamento Vital  " .
 

A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros celebrará  un debate preelectoral entre os candidatos/as ao parlamento galego no  mes de marzo..

O NOSO BARRIO CONTA é o lema baixo o que se celebrará, na Biblioteca do Fórum Metropolitano este Ciclo de Conversa Cívico de cara a debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.