Vostede está aquí

Outubro 2019

O vindeiro luns 7 de outubro achegarémonos ás testemuñas, ás fontes orais que se utilizan na investigación das desaparicións forzadas para tratar de reconstruir e recuperar as historias dunhas vidas truncadas pola guerra civil e a represión franquista.

 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:  "Outra Coruña Posible: Domingos Merino "

Un documental producido por Paula Quiroga e Lois Alcayde 

4 de novembro de 2019 as 19:30 no Forum Metropolitano

Entrada de balde ata completar o aforo

O vindeiro luns 14 de outubro achegarémonos ás fontes documentais, de cómo se utilizan na investigación das desaparicións forzadas para tratar de reconstruir e recuperar as historias dunhas vidas truncadas pola guerra civil e a represión franquista.

· No encontro contaremos co prestixoso investigador Eliseo Fernández que estará acompañado de Pepe Ogando (neto e sobriño neto de Jose Maria e Ricardo Garcia Moral)