Vostede está aquí

Agosto 2019

Xa temos a imaxe das Festas 2019 que terán coma data os días  15 e 16 de Agosto coma di a tradición e xa non falta nada para ter a programación chea de novidades.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:

Alpuxarras (2015) do  director Rafael Toba o día 2 de setembro de 19:30 hs. no Forum Metropolitano  e posterior coloquio cos  veciños e veciñas .

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio.

Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.