Vostede está aquí
Marzo 2019
A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros celebrará tres mesas de debate entre os candidatos/as á alcaldía da Coruña nos meses de marzo, abril e maio.
O NOSO BARRIO CONTA é o lema baixo o que se celebrarán, no Fórum Metropolitano este Ciclo de Conversas Cívico de cara a debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.
O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 - Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá: Sábado 9 de marzo ás 12 horas no Fórum Metropolitano
A Asociación veciñal apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: "ESTRUTURAS PEL_CONTRA_PEL" o luns 1 de abril as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.
PRODUCIDA: Tingalaranga Audiovisual
REALIZACIÓN : PACO GALLEGO E XOSÉ BOCIXA
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha excusión a Portugal O Sábado, día 11 de maio de 2019 visitando a Feira de Vilanova de Cerveira e a Fortaleza
- Saída : 8: 00 horas.
- Lugar : Asociación de Veciños
- (Rúa da Merced, nº 56, baixo)
- Volta as 21 horas.
Apuntarse no local da Asociación os luns de 18 :00 a 20 :00