Vostede está aquí

Decembro 2018

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal  e un Feliz Ano 2019

Na actualidade estase a discutir o futuro dunha parte dos terreos portuarios da cidade  da Coruña, que se liberarán co traslado de instalacións ao porto exterior de Punta Langosteira. As administracións e a Autoridade Portuaria estanse a reunir para tratar o asunto, pero os verdadeiros propietarios dos terreos, a veciñanza, non está sendo consultada e iso non podemos permitilo.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros soubemos pola prensa que o Concello vendeu a parcela da que toda a veciñanza era propietaria na zona do que antes foi o Corralón da Gaiteira.