Vostede está aquí

Novembro 2018

PROXECTO DE IGUALDADE PARTICIPATIVO  :OZA, UN MAR DE MULLERES

OBXECTIVOS DO PROXECTO:

       Poñer en valor a importante aportación das mulleres en todos os eidos da sociedade e en concreto ao desenvolvemento do noso bairro e que hoxe en dia fica lamentábelmente invisibilizado. A súa participación activa en todas as loitas para conquerir unha realidade máis igualitaria e xusta, moitas das veces desenvolvendo traballos duros e sacrificados que se converten nunha dupla actividade fora e dentro do espazo doméstico, nun claro exemplo de solidariedade e entrega. Queremos rachar coa invisibilización da muller na sociedade partindo do noso bairro e a un tempo denunciar, concienciar e sensibilizar ao respecto da sistemática situación de acoso, violencia, maltrato, no seu sentido máis amplo, da que as mulleres seguen a ser obxecto dentro dunha sociedade presidida polo machismo.

O 26 de novembro as 20:00 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de  convidados a presentación do libro de Cristina López Villar: "Pioneiras do deporte en Galicia".

O 26 de novembro as 20:00 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de  convidados a presentación do libro de Cristina López Villar: "Pioneiras do deporte en Galicia".

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  vai proxectar  documental "Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras", de Marina Chiavegatto, ganador del I Premio Luísa Villalta de Proyectos Culturales por la Igualdad convocado por la Diputación de A Coruña.

O  24 de novembro as 12 :000 na Sociedade Recreativa  e Instrutiva  A Gaiteira   teremos o pracer de  convidados a presentación do libro de  Xurxo Souto  A gran travesía de Chiruca Macallás

Participan na presntación :
Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Xurxo Souto

Xa sabedes,  24 de novembro as 12 na Sociedade.

Que consisitirá na representación da peza teatral ‘Golpes’ interpretada por Estíbaliz Veiga e dirixida por Xosé Leis. ‘Golpes’ é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Após a representación abrirase un faladoiro coa creadora e creador da peza.

Deseguido e para pechar esta actividade breve concerto do grupo melidá Cuarta Xusta.