Vostede está aquí

Setembro 2018

Na Asociación veciñal imos ter un taller de memoria. O Taller será os luns de 11:30 a 12:30. Dito Taller comenzará a principios de outubro. Impartiranse no local da Asociación.

Na Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos loitando na defensa do Faro de Oza: 2009 (Manifesto en defensa da costa de Oza), 2013 (alegacións ao PXOM), 2014 (novo Manifesto en defensa da costa de Oza)... Reivindicando sempre o Faro de Oza como espazo público e cidadán, opoñéndonos a calquera tipo de privatización e solicitando o seu uso como espazo formativo e divulgativo da nosa cultura mariñeira.

Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias

Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias. Só é necesariovontade, papel e lapis;o resto é escoitar o que levamos dentro.
Neste curso de escritura creativa calquera persoa poderá iniciar o seu proxecto literario, ou simplemente practicar técnicas até sentir que amusa desexa falarlle ao ouvido.

queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente.

O roteiro organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro de # CuturaDeBarrio celebrarse o sábado 6 de outubro e salirá as 11h do mirador dos Castros, e percorrerá o parque de San Diego, desde onde se ven os terreos do porto, pasando pola Xubias ata chegar ao Faro de Oza. Pretende ser unha visita de campo para ver a realidade actual do litoral e descubrir o pasado e debuxar o futuro da nosa costa.