Vostede está aquí

Novembro 2017

Deixámosvos algunhas fotos da VISITA AO GREENCAMPUS DE OZA do venres pasado.  Co Profesor Dr. Manuel Soto Castiñeira e Director da OMA-UDC, coñecimos no noso barrio un modelo sostible de xestión de residuos que prima a prevención.

 

Na calidade do aire, ou mellor dito na súa degradación ou contaminación, inflúen múltiples causas, a maior parte delas derivadas da actividade humana e da emisión de contaminantes á atmosfera.

Seguimos animando á veciñanza a participar de accións sostibles. Continuamos o vindeiro venres 24 de novembro ca visita práctica ao Green Campus de Oza punto de encontro o Centro civico de San Diego  as 16:30 Horas  e o sábado 25 de novembro con máis Obradoiros no Centro Cívico San Diego. Horario  de 11:00 a 13:00  e 17:00 a 19:00 Horas

De balde, agasallos e degustación de productos sostibles.

Dende a Asociación veciñal  veciñal Oza Gaiteira Os Castros presentamos ante a Xunta de Galiza     ALEGACIONS ao Estudo de Impacto Ambiental Simplificado Planta de Almacenaxe e pre-tratamento de Aceites industriais e Hidrocarburos no Peirao de Oza. A Coruña.

Deixámosvos algunhas fotos do Obradoiro do sábado adicado ás maquetas bioclimáticas: cociñando co sol no parque de San Diego, construíndo fornos solares no Centro Cívico e unha mostra final con diferentes tipos.

Día soleado e divertido descubrindo formas sustentables de cociñar, aproveitando unha fonte de enerxía renovable e limpa.