Vostede está aquí

Novembro 2017

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário a Mar del Silencio ao remate Charla coloquio Refuxiados ambientais .Comercio Xusto e sostible , noso modelo de consumo conta!.

Poñente : Dª Maika Beltrán, Responsable de Oxfan Intermon en Galicia

Luns 6 , 19:00- 21:00 no Forum Metropolitano

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros comenzamos unha campaña de recollida de xoguetes para que ningun nen@ do barrio sin  xoguetes .

Recollense no local da asociación veciñal na rúa da Merced 56, baixo  do 30 de novembro ao 20 de decembro

Horario de recollida os martes e xoves de 18:30 a 20:00.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  vemos con moita preocupación como se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza, calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado.

Dende o noso colectivo veciñal levamos máis de 30 anos tratando de concienciar a todos e todas da importancia de reducir a contaminación ambiental, tratando de implicar ás administracións nesta loita pola calidade de vida das veciñas e veciños. Vemos con fonda preocupación que, lonxe de dar pasos para mellorar a situación, volvemos a tempos pasados onde se negaba o problema.

Deixámosvos algunhas fotos do OBRADOIRO PARTICIPATIVO do sábado 11 Novembro no que sumamos accións sostibles.