Vostede está aquí

Abril 2017

A asociación veciñal anima a participar no proceso de Orzamentos participativos.

Abre #APortaAberta.

Dende o 26 de abril podes propoñer todas as propostas que queiras.  PARTICIPA!".

O venres comeza a #AcampadaDoComún en defensa do porto e contra a especulación urbanística nos terreos que son de todas. Polo uso e xestión pública dos peiraos 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros anima a participar  a toda a veciñanza

Basta xa de Especulación.

A Comisión Aberta en Defensa do Común, plataforma na que participa  a nosa asociación  veciñal  está desenvolvendo unha serie de actividades reivindicativas que teñen por obxecto a paralización definitiva da poxa dos terreos da Solana e Hotel Finisterrre, o cambio do PXOM para impedir máis accións especulativas da Autoridade Portuaria e, en definitiva, rematar co espolio da Coruña

Na Asociación veciñal vamos a ter un obradoiro de TEATRO o Venres de 21 a 23 horas no local da asociación 

Sera impartido por : Asociación Teatral Paso de Valverde .

Non o dubidedes máis, e vide a disfrutar do arte do teatro . Probade, quedaredes moi satisfeitos .

Infórmate no 607 56 40 38  ou tamén no enderezoelectrónico: ateatral.xavi@gmail.com.

Manifestación  7 de maio as 12 horas  saida da praza da Palloza convocada pola Comisión Aberta en Defensa do Común