Vostede está aquí

Febreiro 2016

O sábado 27 de febreiro vaise a celebrar unha Foliadiña na rúa da Gaiteira ás 12:30 horas 

 
A  Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros en colaboración  do colectivo Luva
 
vai a celebrar unha Charla sobre A pobreza enerxetica    Tipos  axudas  .
 
O vindeiro 22 de febreiro as  19:00 horas
 
No Forum metropolitano na rua Río Monelos, 1.

Os verquidos  forman parte dun grave problema ambiental

Os verquidos que se sucederon na  no porto hai uns días forman parte dun grave problema ambiental contra o que levamos máis de trinta anos loitando no noso barrio.

Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.

Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas. 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apoia a convocatoria do Foro Galego da Inmigración para que a nosa cidade se una á Marcha Europea polos dereitos d@s refuxiad@s que terá lugar o 27 de febreiro en todo o continente