Vostede está aquí

Agosto 2015

O noso barrio ten unha poboación moi envellecida e non dispoñemos de centros de día públicos

O barrio demanda máis prazas en centros de día.

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos demandando prazas en centros de día para persoas maiores.

Xa temos a imaxe das Festas 2015, a data o 20 e 21 de agosto

Xa temos a imaxe das FESTAS 2015, a data o 20 e 21 de AGOSTO como di a tradición e xa non falta nada para ter a programación  chea de novidades

VIDE VECIÑOS E VECIÑAS A GOZAR DO BARRIO!!!!

Ante as queixas dos veciños e veciñas polo lamentable servizo de transporte público do que dispoñemos

Ante as queixas dos veciños e veciñas polo lamentable servizo de transporte público do que dispoñemos, especialmente no que atinxe ao noso barrio, instamos ao Concello a melloralo esixíndolle á compañía de tranvías prestar un servizo como é debido.

Dende o Colectivo Veciñal Oza Gaiteira Os Castros esiximos que as administracións actúen na defensa das persoas e do ben común. En demasiadas ocasións temos padecido decisións que poñen os intereses duns poucos por riba dos da inmensa maioría, demasiadas veces observamos como se gobernou para os amigos, para as grandes empresas e contra os intereses dos veciños e veciñas.

A Unión Europea prohibiu o uso do amianto en 2005 mais segue a usarse en moitos países e leva instalado nas nosas vidas moitos anos. O seu uso ten un alto custe medioambiental e supón un grave risco para a saúde das persoas. Son os intereses económicos os que impiden a súa prohibición total e o desmantelamento das instalacións que, aínda hoxe, conteñen amianto.