Vostede está aquí

Xullo 2015

Pasan os días e a herba, e toda a vexetación do parque de Oza caen nun estado total de abandono. Perdemos a conta do tempo que pasou dende a última vez que a vexetación recibiu auga, seguramente dende a última vez que choveu pois o sistema de rego semella que non exista. A falta de mantemento está a provocar serios danos que probablemente será moito máis caro arranxar do que agora custe ese mantemento.

O barrio dos castros leva máis de 30 anos loitando contra unha contaminación ambiental que envelena o aire que respiramos todos e todas, loitando contra unhas descargas incontroladas de carbón e outros graneis sólidos que inundan o aire de partículas altamente contaminantes e que afectan gravemente á saúde das veciñas e veciños.

a calidade da auga da praia de Oza volve a ser insuficiente para ter o distintivo da bandeira azul

Este 2015 a calidade da auga da praia de Oza volve a ser insuficiente para ter o distintivo da bandeira azul, como xa acontecera o ano pasado. Queremos lembrar que o verán pasado o nos colectivo esixiu do goberno do Sr Negreira que fixese públicas as analíticas da calidade da auga.

Levamos tempo insistindo na necesidade de conservar e recuperar todo o patrimonio do barrio

Levamos tempo insistindo na necesidade de conservar e recuperar todo o patrimonio do barrio, marcando como unha das nosas prioridades a recuperación do Faro de Oza para a veciñanza pois trátase dunha instalación de grande valor patrimonial para o noso barrio.