Vostede está aquí

Xuño 2015

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros fixo unha exposición de artesanía de coiro, dentro da campaña "Promoción do Coiro no Barrio ".

Fotografias de dita exposición

Hai máis dun ano, na Asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros tomamos a decisión de darnos de baixa da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e área metropolitana, decisión que se tomou ante a evidencia de que o modelo de funcionamento non estaba a ser útil para a veciñanza e non había vontade dentro da propia Federación para asumir cambios imprescindibles que puxesen a organización ao servizo dos veciños e veciñas.