Vostede está aquí

Maio 2015

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña, emigrantes galeg@s a quen Facenda  esta dando un trato inxusto e desproporcionado por parte da administración da axencia tributaria.

A Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros vai a celebrar unha charla Informativa encol a Violencia de Xénero na xente nova o vindeiro 21 de maio ás 19:00 horas no Centro cívico de San Diego.

Poñente de dita charla será:

Psicóloga Adina Dumitru

Profesora en psicoloxía Social na Univers. da Coruña

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros vimos de presentar denuncia no SEPRONA, informando da mesma aos seguintes organismos: Autoridade Portuaria da Coruña, Concello da Coruña, Augas de Galicia e Axencia Europea de Medio Ambiente; para que se comproben as posibles infraccións e irregularidades dos desguaces que se están a facer no porto de Oza.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas.