Vostede está aquí

Xaneiro 2015

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros realiza unha exposición fotográfica sobre varias temáticas, dentro da campaña "Promoción da Fotografía no Barrio"

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros realiza unha exposición fotográfica sobre varias temáticas, dentro da campaña "Promoción da Fotografía no Barrio". A Exposición farase a cargo da  fotógrafa Susana Lebón é sera de 8 de xaneiro ao 24 de Xaneiro de 2015.

Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros vai a celebrar unha Charla sobre a situación da Sanidade publica na Galiza vindeiro 2 de febreiro 19:30 horas no Forum metropolitano na rua Río Monelos, 1. Os poñentes de dita charla serán: Ramón Verás Médico de Familia Portavoz da Plataforma en defensa da SOS Sanidade Pública da Coruña. Un Portavoz da Plataforma de afectados pola hepatite C da Coruña.

Dende hai tempo a Asociación Veciñal  Oza Gaiteira Os Castros tratamos de botar unha man para mellorar o pequeno comercio do barrio, somos conscientes do peso deste sector dentro da economía e da súa importancia para a mellora da calidade de vida no barrio, e vemos con enorme preocupación as grandes dificultades polas que están a pasar.

Queremos denunciar  outra vez mais a situación do solar sito na rúa Gonzalez Chas antigo corralón en estado de abandono. Supoñen en moitos casos un perigo, anos en estado de abandono, solar invadido de maleza e lixo, espazo que poden ser focos de infección e de pragas de ratas.

Na Asociación veciñal  imos  ter un taller de pintura  . Dito Taller comenzará comenzará cando se creen o grupo( mínimo 4 ó 5 persoas). Impartiranse no local da Asociación.

Apuntate xa as prazas son limitadas.

Infórmate no local da asociación:

Mercé 56 baixo, de 18.30h até 20.00h, teléfono 981298 122

no mesmo horario: