Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros soubemos pola prensa que o Concello vendeu a parcela da que toda a veciñanza era propietaria na zona do que antes foi o Corralón da Gaiteira.
 

O sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 sairá: 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público

O sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 sairá: 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público.

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 27  sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).

A  Asociación veciñal Oza - Gaiteira-Os Castros quere manifestar públicamnente o seu apoio e a sua solidaridade cos traballadores de  Alcoa.

A  Asociación veciñal  chama a toda a vicindade da Gaiteira, os Castros, o Montiño, a Cubela, Casablanca, Montes e cada un dos rincós do noso barrio a PARTICIPAR ACTIVAMENTE no actos  convocados  polos traballadores de Alcoa 

Dende  a  Asociación Veciñal “Oza” Gaiteira-Os Castros tratamos de botar unha man para mellorar o pequeno comercio do barrio, somos conscientes do peso deste sector dentro da economía e da súa importancia para a mellora da calidade de vida no barrio, e vemos con enorme preocupación as grandes dificultades polas que están a pasar.

Asociación Veciñal “Oza” Gaiteira-Os Castros, ante as eivas que ten o noso barrio no apartado de mobilidade instamos ao concello a ter en conta as nosas reinvicacións para solventar ditas eivas, polo que lles facemos un pequeno relatorio das principais a ese respecto:

 

O noso barrio conta cunha morea de escaleiras e de costas empinadas, e cunha poboación moi envellecida e con problemas de mobilidade, con dificultades para chegar ao centro de saúde

O noso barrio conta cunha morea de escaleiras e de costas empinadas, e cunha poboación moi envellecida e con problemas de mobilidade, con dificultades para chegar ao centro de saúde, á oficina de correos, ao centro cívico ou mesmo para facer a compra diaria.

Na Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos loitando na defensa do Faro de Oza: 2009 (Manifesto en defensa da costa de Oza), 2013 (alegacións ao PXOM), 2014 (novo Manifesto en defensa da costa de Oza)... Reivindicando sempre o Faro de Oza como espazo público e cidadán, opoñéndonos a calquera tipo de privatización e solicitando o seu uso como espazo formativo e divulgativo da nosa cultura mariñeira.

queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente.

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 52

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 52 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas, gaivotas que constitúen un foco de infeccións.

Páxinas