Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo - Día Internacional da Muller -

Asociación Veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo - Día Internacional da Muller -

Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.

Dende o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos expresar o noso apoio público á concentración convocada pola Plataforma de ANPAS de Centros de Educación Especial de Galicia o vindeiro sábado 7 de marzo ás 17 horas na Praza do Toural en Compostela.

 

A Asociación Veciñal  Oza Gaiteira Os Castros , presentou esta semana no rexistro do Concello cinco reclamacións ao orzamento municipal para o ano 2020.

Nestas alegacións a Asociación Veciñal  solicitamos  un maior investimento é para o Bairro que consideramos insuficiente .

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  queremos manifestar que noso colectivo veciñal estamos a traballar para construír un movemento veciñal que se mova noutros parámetros completamente diferentes, temos que buscar modos de colaboración máis abertos, participativos e libres.

Dende a Asociación veciñal queremos facer un chamamento este 25N de 2019 a veciñanza  e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións.

 

MOBILIZACIÓNS 25N
Animamos a veciñanza a participar nas convocatorias unitarias do movemento feminista galego.

A asociación veciñal  cultural deportiva  recreativa Oza Gaiteira Os Castros ante a reunión que vai manter o Concello da Coruña ca Autoridade portuaria queremos manifestar :

Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.

A Asociación  Veciñal cultural deportiva recreativa “Oza”,Gaiteira-Os Castros temos coñecemento de que se atopan en período de elaboración dos Orzamentos Xerais da Corporación, para o exercicio 2020.

Presentamos as seguintes Propostas  ao Orzamento Municipal de 2020, para que se incluian   para o desenvolvimento das seguintes actuacións no noso bairro:

A asociación veciñal cultural deportiva recreativa Oza da Gaiteira Os Castros queremos manifestar que o noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento  pola defensa do medio ambiente e contra o avance da contaminación que deriva en problemas de saúde ou que inciden directamente no bairro e porén na cidade.

As bolsas de plástico dun só uso que se reparten  nos comercios, convértense rápidamente nun residuo. Tanto a fabricación como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais, sociais e económicos.

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé  27 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).

 

Páxinas