Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

instamos ao Concello a melloralo esixíndolle á compañía de tranvías prestar un servizo como é debido

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, ante as queixas dos veciños e veciñas polo lamentable servizo de transporte público do que dispoñemos, especialmente no que atinxe ao noso barrio, instamos ao Concello a melloralo esixíndolle á compañía de tranvías prestar un servizo como é debido.

Dende  a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros nos dirixímonos á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia manifestando que hai tempo a veciñanza do barrio dos Castros vén padecendo unha contaminación ambiental que repercute moi negativamente na súa calidade de vida, unha elevada concentración de partículas no aire e outros problemas ambientais que están a provocar molestias e problemas de saúde.

A Asociación OZA-Gaiteira Os Castros cree que as posibilidades do parque como lugar esparcemento non están totalmente desenvolvidas.

Con poucas melloras nos espazos vexetais e cunha reorganizacion dos usos poderíase chegar obter un parque máis acorde cunha xestión sotenible dos espazos verdes coas ás necesidades de esparcemento dos veciños.

Propoñemos unha serie de renovacións de acorde con estes principios.

Por un uso social do Faro de Oza e pola recuperación de toda a contorna

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros acabamos de facer entrega de máis de 500 sinaturas de veciños e veciñas do barrio para esixir un uso social do Faro de Oza. A veciñanza vén de expresar que quere recuperar un patrimonio público para que poida ser usado por todas e todos nós.

Dende a nosa asociación nos diriximos ao concello para a creación dunha área canina non barrio xa que "teoricamente" esta prohibido levar os cans soltos, e a moita xente moléstalle, desta forma, os cans podrian correr, e facer exercicio sen molestar aos demas.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos dirixirnos a Autoridade Portuaria do Porto da Coruña logo de ter acceso a diversa información do Concello sobre cuestións ambieantais que non fan máis que incidir nunha evidente falta de control por parte das administracións e da propia Autoridade Portuaria.

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire.

As chamadas da veciñanza a esta Asociación Veciñal confirman o, que o 26 e 27 de xaneiro volveron dispararse os niveis de contaminación por partículas PM10 no barrio, chegando a alcanzar niveis que dificultan a respiración e malos olores no barrio.

Queremos denunciar  outra vez mais a situación do solar sito na rúa Gonzalez Chas antigo corralón en estado de abandono. Supoñen en moitos casos un perigo, anos en estado de abandono, solar invadido de maleza e lixo, espazo que poden ser focos de infección e de pragas de ratas.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita participar no Foro Medioambiental da Autoridade Portuaria. Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos denunciando a contaminación que padece o barrio e que pon en perigo a saúde dos veciños e veciñas, levamos moitos anos loitando por unha boa calidade do aire.

Incumprimentos en materia ambiental nas instalacións portuarias

Á Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros cáusanos asombro que a Autoridade Portuaria diga agora que o vindeiro ano vai obrigar ás empresas que operen no porto a cumprir  un código de conduta ambiental.

Páxinas