Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita ao concello que adopte medidas contra a probreza enerxetica.

A pobreza enerxética  pode definirse como a incapacidade dun fogar para satisfacer unha cantidade mínima de servizos da enerxía para as súas necesidades básicas como manter a vivenda nunhas condicións de climatización adecuadas para a saúde.

Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.

Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas. 

As zonas verdes do barrio e o coidado da saúde.

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros témonos dirixido en moitas ocasións ao Concello para que se incrementen, se coiden e se manteñan como debe as zonas verdes do barrio.

É indiscutíbel que estes espazos melloran a calidade de vida, o que repercute de xeito beneficios na saúde dos veciños e veciñas.

 

A  Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita ao concello a elaboración dun plan de mobilidade consesuado con tódolos sectores implicados , e se fale co movemento veciñal.

Faro de Oza, un patrimonio de todos e todas que leva moitos anos sen uso e que o PP

Dende o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo reclamando un uso social para o Faro de Oza, un patrimonio de todos e todas que leva moitos anos sen uso e que o PP pretende privatizar a través do Real Decreto Lei 8/2014. Hai máis de dous anos que o noso colectivo veciñal, xunto coa Confraría de pescadores da Coruña solicitamos un uso social para o Faro de Oza.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros presenta alegacións aos presupostos da Xunta para que para que poida ser incluído nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 e a escola infantil estea en servizo canto antes.

A AAVV Oza Gaiteira Os Castros presenta alegacións aos presupostos da Xunta na que demandamos que se elabore de maneira urxente o Proxecto Construtivo desa instalación, para que poida ser incluído nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 eo centro de día sexa un feito e estea en servizo canto antes.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros mantivo dia 27 de outubro unha reunión ca Concellalia de rexeneración urbana e dereito a vivenda para tratar a sua reivindicación e o traballo levado para convertir o zona dos antigos AsteleirosValiñas eo Faro de Oza e a sua contorna en espazo de uso cidadan.

A asociación veciñal veciñal  Oza Gaiteira Os Castros  mantivo   o dia 28 de outubro  unha reunión co delegado de Demarcación  de Costas de Galicia   para tratar a reivindicación do noso colectivo veciñal respecto o uso publico do espazo dos antigos asteleiros valiñas na zona de Oza.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros expón que a práctica do deporte é fundamental para manter unha boa calidade de vida, moito máis nos tempos que corren onde o sedentarismo acaba sendo un grave problema de saúde. É moi importante que os nenos e nenas se inicien no deporte dende cativos mais para iso necesitamos instalacións deportivas.

Páxinas