Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

Concentracións en repulsa ao asasinato de Samuel. #XustizaParaSamuel

A Coruña

Luns 5 de Xullo as 20 :00 H

 A policia nacional nos envia varias fotografías dos obxectos intervidos procedentes de roubos de garaxes e rochos da zona de OS CASTROS, co obxecto de localizar aos seus propietarios e facerlles a pertinente entrega dos mesmos.

Si Recoñoce algun de los efectos expostos poñase en contacto ca

Comisaría Distrito Sur de A Coruña

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental 2050

2050

  • Produce: Ruth Chao, Javier Silva.
  • Ano: 2006
  • Duración: 52 minutos.
  • Sinopse: Documental que aborda un dos maiores problemas que está a afrontar a humanidade: o cambio climático. Nel danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático, que foron entrevistadas no Cumio Mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal no 2006.
  • No Forum Metropolitano, o día 1 de xuño  de 2021 ás 19:30.

Sacar a entrada de balde no enlace: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

 #ACoruñaNonSeVende

Máis de medio centenar de entidades e organizacións,  A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros entre elas, ten convocada unha manifestación para este domingo 30 de maio ás 12.00h dende a Praza da Palloza.

O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre a oportunidade histórica que supón para a cidade a próxima transformación dos terreos portuarios que se liberarán co traslado das instalacións industriais dos muelles ao porto exterior
O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre o borde do litoral, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.

 

O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 25 de maio ás 19.30h
 

O moderador será o membro da directiva da Asociación  : O Periodista Pepe Lorenzo

Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas : ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

A plataforma Queremos Galego! fai un chamamento a realizar un gran acto nacional o vindeiro 17 de maio baixo o lema “Queremos vivir en galego” na praza do Obradoiro de Compostela. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Vos Castros vai o documental: Mar de Oza: Maxinando ou futuro.

Ante a "oportunidade histórica que supón para a cidade a próxima transformación dos terreos portuarios" que se liberarán co traslado de instalacións ao porto exterior.

A obra, dirixida por María Álvarez pretende espertar a conciencia da sociedade coruñesa para poder levar a cabo "un proceso transformador e de mellora".

No Forum Metropolitano, o día 3 de maio de 2021 ás 19:30.

Sacar a entrada de balde a partir do dia 30  dea Abril as 10 horas no enlace  :https://corunacultura.sacatuentrada.es/

 

Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso

Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo - Día Internacional da Muller -. Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos. A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros.

Dende nos informan que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña da apertura dunha nova edición do curso básico "Igualdade e prevención das violencias machistas"

Dende nos informan que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña da apertura dunha nova edición do curso básico "Igualdade e prevención das violencias machistas" do Pacto Social.

Dende a asociación veciñal comunicamos que  a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña informámosche da apertura de novas edicións do curso básico “Igualdade e prevención das violencias machistas” do Pacto Social.

Páxinas