Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

 

Agradecemos a boa participación e debate de onte na actividade que levamos a cabo dentro do CICLO AMBIENTAL: NOSO BARRIO CONTA no Forum Metropolitano. 

Convidámosche a participar en obradoiros e debates participativos. 

A idea é crear unha actividade cooperativa coas posibilidades de reducir e converter o lixo nun recurso, na que reflexionar e abordar diferentes cuestións que animen a nosa implicación cara un desenvolvemento sostible e xusto.

A Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros levará a cabo en NOVEMBRO unha serie de actividades dentro do proxecto “CICLO AMBIENTAL: NOSO BARRIO CONTA” que ten como

PREOCÚPACHE O MEDIO AMBIENTE?

PARTICIPA EN ACCIÓNS “SOSTIBLES” NO BARRIO

EN NOVEMBRO:

Exposición, cinema, visitas, obradoiros,….

XUNTANZAS

LÚNS 30 OUTUBRO – 20 h – sede ASOCIACIÓN rúa da Merced 56 baixo

SÁBADO 4 NOVEMBRO – 11 h – CC SAN DIEGO, Aula 6

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a organizar a actividade de baile galego para adultos , será os mércores de 21:15 a 22:15, nol local social a partires de novembro para maís información chámamos ao 670 872 388

Este proxecto ten como obxetivo recuperar a mirada cara o mar e aun urbanismo máis amable.
 

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apostamos  pola defensa do dereito a comunicar da cidadanía, tanto no eido xurídico, coma no político e no social, un xeito efectivo de defender os dereitos humanos e reclamamos o mantemento das radios comunitarias, como Cuac Fm.

Na Asociación veciñal vamos a ter un curso de TEATRO o Venres de 21:15 a 23.15 horas no local da asociación 

Sera impartido por : Asociación Teatral Paso de Valverde .

Na Asociación veciñal imos ter un curso de TAICHI. O curso será os MARTES E VERNES DE 11:30 A 12:30. Dito curso impartiranse no local da Asociación na rúa da Merced, 56 baixo.

Información no móbil: 669 670 669

Volven en Outubro as actividades musicais na asociación: PANDEREITA, GAITA, TAMBORIL, ACORDEÓN, VIOLÍN E GUITARRA. Non perdades a ocasión de anotarse para mais información chamar ao 670 872 388

Páxinas