Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
Deixámosvos algunhas fotos do Obradoiro do sábado adicado ás maquetas bioclimáticas: cociñando co sol no parque de San Diego, construíndo fornos solares no Centro Cívico e unha mostra final con diferentes tipos.
Día soleado e divertido descubrindo formas sustentables de cociñar, aproveitando unha fonte de enerxía renovable e limpa.
Aprenderemos un pouco máis da influencia que teñén nosas accións no planeta e que pequenos cambios podemos facer no noso día a día para facelas máis sostibles.
É posible que a sociedade nos leve a pensar que somos insignificantes pero non é certo, eleximos o que compramos, o que consumimos, o que tiramos ao lixo e a onde,... noso barrio conta!
Recordade que seguimos co ciclo, mañá 11 de novembro comezan os OBRADOIROS PARTICIPATIVOS
Aula 6 do CC San Diego DE 11-13 E DE 17-19 h
Contaremos cos entusiastas da UDC Big Bang que nos ensinarán diferentes modos de colaborar á conservación do planeta soamente revisando un poquiño a nosa forma de vida.
Microcharlas teóricos -práticas con proxección e debate aberto:
Agradecemos a boa participación e debate de onte na actividade que levamos a cabo dentro do CICLO AMBIENTAL: NOSO BARRIO CONTA no Forum Metropolitano.
Convidámosche a participar en obradoiros e debates participativos.
A idea é crear unha actividade cooperativa coas posibilidades de reducir e converter o lixo nun recurso, na que reflexionar e abordar diferentes cuestións que animen a nosa implicación cara un desenvolvemento sostible e xusto.
A Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros levará a cabo en NOVEMBRO unha serie de actividades dentro do proxecto “CICLO AMBIENTAL: NOSO BARRIO CONTA” que ten como
PREOCÚPACHE O MEDIO AMBIENTE?
PARTICIPA EN ACCIÓNS “SOSTIBLES” NO BARRIO
EN NOVEMBRO:
Exposición, cinema, visitas, obradoiros,….
XUNTANZAS
LÚNS 30 OUTUBRO – 20 h – sede ASOCIACIÓN rúa da Merced 56 baixo
SÁBADO 4 NOVEMBRO – 11 h – CC SAN DIEGO, Aula 6
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a organizar a actividade de baile galego para adultos , será os mércores de 21:15 a 22:15, nol local social a partires de novembro para maís información chámamos ao 670 872 388
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apostamos pola defensa do dereito a comunicar da cidadanía, tanto no eido xurídico, coma no político e no social, un xeito efectivo de defender os dereitos humanos e reclamamos o mantemento das radios comunitarias, como Cuac Fm.