Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
Temos o gusto de informarvos que se vai proxectar o documental : Mar de Oza: Maxinando o Futuro o vindeiro venres 15 de Febreiro as 20:00 no Local de Maquinaria Pesada , Linares Rivas , 45 , locais 24-25 .
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental Mar de Oza: Maxinando o Futuro o vindeiro luns 14 de xanerio as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes para que ningunha familia do barrio quede sen xoguetes este Nadal, especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega de balde para poder facer esta labor.
Esta semana creouse en Youtube a canle Oza-Gaiteira-Os Castros AAVV onde se pode ver o material audiovisual que conserva a asociación e que se pasou a formato dixital: Documentais feitos pola Asociación , Festivais do grupo de musica tradicional da Asociación Xebre etc.
Na actualidade estase a discutir o futuro dunha parte dos terreos portuarios da cidade da Coruña, que se liberarán co traslado de instalacións ao porto exterior de Punta Langosteira. As administracións e a Autoridade Portuaria estanse a reunir para tratar o asunto, pero os verdadeiros propietarios dos terreos, a veciñanza, non está sendo consultada e iso non podemos permitilo.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal e un Feliz Ano 2019
A Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros vai a celebrar unha Charla sobre o illamento social e soidade nunha poboación de maiores de 65 e máis anos , o vindeiro 18 de decembro as 19:30 horas na Biblioteca do Forum metropolitano na rua Río Monelos, 1.
A poñente de dita charla serán:
Dra. Rosario Pita Díaz.
Xerontóloga Clínica e Logopeda
O 26 de novembro as 20:00 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de convidados a presentación do libro de Cristina López Villar: "Pioneiras do deporte en Galicia".
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar documental "Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras", de Marina Chiavegatto, ganador del I Premio Luísa Villalta de Proyectos Culturales por la Igualdad convocado por la Diputación de A Coruña.
O 24 de novembro as 12 :000 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de convidados a presentación do libro de Xurxo Souto A gran travesía de Chiruca Macallás
Participan na presntación :
Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Xurxo Souto
Xa sabedes, 24 de novembro as 12 na Sociedade.