Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

A Asociación veciñal  apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso  contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 - Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá: Sábado 9 de marzo ás 12 horas no Fórum Metropolitano

A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros celebrará tres mesas de debate entre os candidatos/as á alcaldía da Coruña nos meses de marzo, abril e maio.

O NOSO BARRIO CONTA é o lema baixo o que se celebrarán, no Fórum Metropolitano este Ciclo de Conversas Cívico de cara a debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.

Na Asociación veciñal  vamos a ter un curso de Pilates en OZA as clases seran os mercores  de 19:30 a 20:30 horas, comenza cando se cree grupo. Apuntate xa as prazas son limitadas.

Infórmate : 653 66 47 04.- 617 23 18 64

 

 

 

 

A Fundación Rosalia de Castro e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  fan un chamado a dar unha alborada global no Día de Rosalia.

O Domingo 24 de febreiro ás 12.00 H. Diante da casa onde viviu Rosalia de Castro na Coruña ,  Rúa do Principe , 3 15001 A Coruña .

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Historica vai proxectar o documentário: O Acevo  : O Reencontro das Memorias 

No Forum Metropolitano o dia 11 de marzo  as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Temos o gusto de informarvos que se vai proxectar o documental  : Mar de Oza: Maxinando o Futuro o vindeiro venres  15  de Febreiro  as 20:00 no Local de Maquinaria Pesada , Linares Rivas , 45 , locais 24-25 .

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental Mar de Oza: Maxinando o Futuro

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental Mar de Oza: Maxinando o Futuro o vindeiro luns 14 de xanerio as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Neste tempo téñense recollido unha gran cantidade de xoguetes, e tamén entregadose os xoguetes a xente mais necesitada do Barrio

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes para que ningunha familia do barrio quede sen xoguetes este Nadal, especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega de balde para poder facer esta labor.

Esta semana  creouse en Youtube a canle Oza-Gaiteira-Os Castros AAVV

Esta semana  creouse en Youtube a canle Oza-Gaiteira-Os Castros AAVV onde se pode ver o material audiovisual que conserva  a asociación e que se pasou a formato dixital: Documentais feitos pola Asociación , Festivais do grupo de musica tradicional da Asociación Xebre etc.

Páxinas