Noso Blogue

renovación da xunta directiva

Na reunión da asamblea xeral da Asociacion veciñal Oza Gaiteira Os Castros, celebrada o 10 de novembro, procedeuse á renovación da xunta directiva, que queda constituida por: Presidente: Paulo Sexto Gantes, Vicepresidenta: Lara Crespo Garcia, Secretario: Eduardo Freire Bargados, Tesoureira: Emma Roca Rodríguez, Vogal: Ariana Fernández Palomo, Vogal: Daniel Isasi Piñeiro, Vogal: Vanessa Otero Crespo, Vogal: Luis Dopico Morás, Vogal: José Francisco Pedro Lorenzo Regal

Exposicion Granxa Agricola de Monelos

O vindeiro martes, día 7 de novembro ás 19:30h,AC Alexandre Bóveda e AV de Oza Gaiteira-Os Castros, inauguramos no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1, 15006) unha exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos.

IV MARCHA CIVICA POLA DEVOLUCION DA CASA CORNIDE: 11 de novembro de 2023 ás 12 horas da praza de María Pita

O Pleno municipal de 12 de setembro de 2019 aprobaba unha moción por unanimidade para a devolución da Casa Cornide ao patrimonio da Coruña e que o concello presente unha denuncia no Xulgado para recuperar a propiedade, que aínda non se presentou despois de 50 meses. A Xunta de Galicia iniciaba o 14 de maio de 2021 o expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a Casa Cornide, que era aprobado o 27 de abril de 2023 e publicado no DOG en maio. O pazo de Meirás e a Casa Cornide son dúas caras dun mesmo espolio...

Sábado, 11 de novembro de 2023. Saída ás 12 horas da praza de María Pita

Páxinas

Xebre Banda De Gaitas